InicioCulturaMiles de persoas pasan unha noite "ideal" con Sebastián Yatra en Vigo

Miles de persoas pasan unha noite “ideal” con Sebastián Yatra en Vigo

As festas de Vigo continuarán durante todo o verán con concertos da talla de Love of Lesbian, Tanxugueiras, Leiva ou Hombres G.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Miles de persoas, 60.000 segundo o propio alcalde, vibraron este mércores no auditorio de Castrelos de Vigo grazas ao concerto do cantante colombiano Sebastián Yatra, enmarcado dentro das festas da cidade organizadas polo Concello.

Tras a visita Joan Manuel Serrat o pasado domingo, este mércores foi a quenda de Sebastián Yatra, unha cita musical que prometía cheo tras esgotarse en poucos minutos as 5.000 entradas a pista que se puxeron á venda.

E Yatra non defraudou. Miles de persoas abarrotaron as bancadas de Castrelos, onde o acceso é gratuíto, desde primeiras horas da tarde, pese á calor vivida na cidade, que alcanzou os 37 graos de máxima e non baixou dos 25 graos en toda a xornada.

Éxitos como ‘Tacones Rojos’, ‘Traicionera’, ‘Amor Pasajero’ ou ‘Cristina’ soaron na noite deste mércores en Vigo, despois de que o rexedor, Abel Caballero, fixese de teloneiro do artista, ante os aplausos do público.

Tamén houbo tempo para cancións máis románticas como ‘Vuelve’, na cal non faltaron as lanternas dos vigueses e durante a cal ao propio Yatra se lle puido ver emocionado. Ademais, agradeceu en varias ocasións a afluencia de público, e asegurou que nunca en España reunira tanta xente nun dos seus concertos.

As festas de Vigo continuarán durante todo o verán con concertos da talla de Love of Lesbian (29 de xullo), Tanxugueiras (30 de xullo), Leiva (4 de agosto), Sting (6 de agosto), Lola Índigo (8 de agosto), Hombres G (14 de agosto) ou Raphael (16 de agosto), entre outros.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...