InicioSociedadeO Álvaro Cunqueiro realiza, por primeira vez en España, implantes de válvulas...

O Álvaro Cunqueiro realiza, por primeira vez en España, implantes de válvulas tricúspide a través de catéter

O cardiólogo Rodrigo Estévez explicou que se trata dunha cirurxía "de alto risco" xa que, xeralmente, os pacientes son de idade avanzada e chegaban en "situación clínica desfavorable".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos de Cardiología e Cirurxía Cardíaca do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo realizou, por primeira vez en España, implantes no corazón de válvulas tricúspide a través de catéter, segundo informou nun comunicado a consellería de Sanidade.

Así, a profesionais da área sanitaria de Vigo xa trataron con este procedemento minimamente invasivo a dous pacientes, que foron dados de alta e presentan unha evolución favorable.

A técnica consiste en cambiar a válvula tricúspide do paciente por unha prótese valvular cardíaca, que se introduce por un catéter a través dun punción na vea femoral. Ata agora, os cambios desta válvula facíanse mediante cirurxía convencional, coas complicacións que iso leva (operación ‘a corazón aberto’, que supón abrir o esternón e, en ocasións, parar o corazón).

O cardiólogo Rodrigo Estévez explicou que se trata dunha cirurxía “de alto risco” xa que, xeralmente, os pacientes son de idade avanzada e chegaban en “situación clínica desfavorable”. Por iso, apuntou, a insuficiencia de tricúspide “era unha patoloxía infratratada”.

PROCEDEMENTOS MÁIS SEGUROS

Os implantes a través de catéter son moito menos agresivos, máis seguros e con menos complicacións, ademais de reducir significativamente as estancias no hospital e acelerar a recuperación dos pacientes.

A válvula tricúspide do corazón separa o ventrículo dereito da aurícula dereita e regula do fluxo sanguíneo entre ambas as cavidades. Se non funciona correctamente pode producir refluxo de sangue e impedir a súa chegada aos pulmóns.

O hospital Álvaro Cunqueiro xa contaba con experiencia nos implantes cardíacos ‘transcatéter’ e, da nova técnica, poderán beneficiarse unha decena de enfermos cada ano.

Os especialistas do centro están a preparar varios artigos para a súa publicación, xa que hai pouca literatura científica sobre o recambio tricúspide transfemoral, e iniciaron diferentes vías de investigación respecto diso.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...