InicioPolíticaO goberno vigués inicia os preparativos para o orzamento municipal de 2023

O goberno vigués inicia os preparativos para o orzamento municipal de 2023

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores o inicio da tramitación para licitar varios lotes para a decoración lumínica de Nadal, a instalación de elementos ornamentais e actividades de animación, por un importe total de 1,8 millóns de euros e para tres campañas do Nadal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este mércores en rolda de prensa que o seu goberno está xa traballando no orzamento municipal de 2023 e que a previsión é que as contas rolden os 295 millóns de euros, 10 millóns máis que as do exercicio actual.

Segundo o rexedor, o orzamento de Vigo para o ano que vén terá tres características fundamentais: “un carácter investidor, será dinamizador da economía e con dimensión social”. “Estamos a falar dun documento para os servizos públicos, axudas e transformación da cidade”, aseverou.

Por outra banda, subliñou que, aos 295 millóns previstos, haberá que sumar o financiamento procedente da Deputación de Pontevedra e os remanentes do ano 2022. Así, as contas de fondos propios suman 275 millóns, aos que se engaden os fondos Next Generation UE que o goberno local xa solicitou.

Mentres, Abel Caballero criticou que a achega da Xunta á cidade é “negativa”, porque dá a Vigo algo máis de 5 millóns, pero os vigueses teñen que “pagar parte dos centros de día, das escolas infantís, parte de atención á dependencia,…”.

REUNIÓN CO REITOR

Por outra banda, o alcalde informou en rolda de prensa da reunión mantida este mércores co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, en avanzárona na cooperación entre a institución académica e o Concello olívico.

Segundo Abel Caballero, ambos abordaron cuestións como a cesión do edificio Siemens da ETEA á UVigo para formar parte do Campus do Mar, sobre a que manterán proximamente unha reunión co delegado de Zona Franca, David Regades.

Así mesmo, Caballero reafirmou o apoio municipal na subvención do transporte aos estudantes universitarios, e ofreceu ao reitor o Auditorio Mar de Vigo, de forma gratuíta, para a realización de eventos.

LUCES DE NADAL

Abel Caballero anunciou este mércores o inicio da tramitación para licitar varios lotes para a decoración lumínica de Nadal, a instalación de elementos ornamentais e actividades de animación, por un importe total de 1,8 millóns de euros e para tres campañas do Nadal.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico confirmou que a Xunta de Goberno Local aprobará este xoves, a contratación deses servizos mediante a licitación en varios lotes, que inclúen a instalación de elementos lumínicos decorativos como as árbores, a gran bóla, a caixa de agasallos e o oso de luces LED.

Así mesmo, aprobarase a programación do Nadal que inclúe os mercadillos en varias zonas da cidade (entre eles o Cíes Market da Praza de Compostela), nora, pista de xeo e de karts, carrusel, trens turísticos, atraccións e actividades de animación sociocultural.

“Nós, o Nadal programámolo. Non hai que improvisar, operamos con moita antelación”, explicou o alcalde, que reiterou que a campaña do Nadal de Vigo “é marabillosa” e que é a acción “que máis retorno ten por euro investido do mundo”.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...