InicioSucesosPetición de 2 anos de cárcere para un home que acoitelou á...

Petición de 2 anos de cárcere para un home que acoitelou á súa filla en lexítima defensa

No entanto, recolle no seu escrito que o home actuou para defenderse da súa filla, coa que mantiña unha convivencia moi conflitiva debido ás adiccións dela, aínda que o fixo de forma desproporcionada ao usar un coitelo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un veciño de Vigo septuaxenario, ao que acusa dun delito de tentativa de homicidio por acoitelar á súa filla en lexítima defensa, e que está citado este martes para unha vista de conformidade que se celebrará na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Segundo recolle o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron o 8 de novembro de 2021, cando a filla pediu diñeiro ao pai para sufragarse a compra de sustancias estupefacientes. Ante a negativa do acusado, a muller comezou a increparlle, a empuxarlle e a romper obxectos da vivenda familiar mentres gritaba.

Nun momento determinado, o home fíxose cun coitelo de 40 centímetros de folla, e cravoullo á súa filla no costado esquerdo, causándolle feridas graves. De feito, segundo reflicte a Fiscalía, se non recibise atención médica as feridas poderían evolucionar ata causarlle a morte.

Por estes feitos, considera ao procesado autor dun delito de tentativa de homicidio. No entanto, recolle no seu escrito que o home actuou para defenderse da súa filla, coa que mantiña unha convivencia moi conflitiva debido ás adiccións dela, aínda que o fixo de forma desproporcionada ao usar un coitelo.

LEXÍTIMA DEFENSA

O ministerio público pide que se lle aplique a eximente incompleta de lexítima defensa, así como a circunstancia agravante de parentesco e a atenuante de confesión, xa que o home recoñeceu o que fixera en canto foi detido pola Policía.

Así, solicita unha condena de 2 anos de cárcere e que se lle prohiba comunicarse ou achegarse a menos de 300 metros da súa filla. Con todo, a Fiscalía informa a favor da suspensión da pena de cárcere, de modo que o home non ingresará en prisión.

ÚLTIMAS

Foanpas entrega 7.000 firmas no Parlamento para esixir o fin das aulas segregadas en Galicia

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais (Foanpas) deu este luns un...

Conexións suspendidas e cambios de frecuencia na ría de Vigo polo temporal

As malas condicións meteorolóxicas, con aviso laranxa activado en todo o litoral, e aviso...

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público a tres colectivos da UVigo

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público dos...