A moza de 18 anos de idade cuxa desaparición fora denunciada pola súa familia en Vigo foi localizada en bo estado, segundo confirmaron fontes policiais.
Carmen Mercedes Guerreiro, de 18 anos de idade, de complexión normal e pelo e ollos castaños, desaparecera en Vigo este xoves, e os seus achegados presentaran denuncia en Comisaría.
A Policía activara o protocolo previsto para estes casos, dando aviso ás diferentes dotacións para pór en marcha a procura. Este venres foi localizada e a alerta pola súa desaparición xa se desactivou.
