InicioSociedadeDetido un sesaxenario en Vigo por agredir a súa parella, da que...

Detido un sesaxenario en Vigo por agredir a súa parella, da que tiña orde de afastamento

Sorprenderon ao sospeitoso escondido tras a porta dun dormitorio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, L.A.F., de 68 anos de idade e nado en Ourense, como presunto autor dun delito de violencia de xénero e outro de quebrantamento de medida de afastamento.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do sábado, cando o 092 recibiu unha chamada por un posible episodio de violencia de xénero en Freixeiro. A persoa alertante sinalaba que o suposto agresor xa fora detido anteriormente por violencia de xénero.

Cando os axentes de presentaron no domicilio, abriulles a porta a vítima, quen recoñeceu que tivera unha discusión coa súa parella pero que este se ausentou. Así mesmo, insistiu ante os policías en que non fora agredida.

Ante as sospeitas de que o home puidese estar no interior, coartando as respostas da muller, os axentes pedíronlle permiso para acceder á vivenda e realizaron unha comprobación de seguridade.

Así, sorprenderon ao sospeitoso escondido tras a porta dun dormitorio e, ao identificalo e comprobar os seus datos, constataron que sobre el pasaba unha orde de afastamento e prohibición de comunicarse coa súa parella, polo que foi detido.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...