InicioSucesosPetición de 8 anos de cadea para un home que atacou a...

Petición de 8 anos de cadea para un home que atacou a outro cun desparafusador en Vigo

Cando os axentes foron buscalo á súa casa, o home recoñeceu os feitos e entregouse, alegando que "o cárcere está feita para homes".

PUBLICADO O

A Fiscalía pide 8 anos de prisión para un veciño de Vigo, de orixe colombiana, ao que acusa dun delito de tentativa de homicidio, tras cravarlle varias veces un desaparafusador a outro home na terraza dunha cafetaría na cidade, e que será xulgado este martes na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Segundo recolle o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron ao mediodía do 10 de agosto de 2021, cando o acusado se dirixiu a outro home que estaba na terraza dunha cafetaría na rúa Zamora e cravoulle un desaparafusador duns 20 centímetros no tórax e o abdome.

A Policía Nacional informou no seu día da detención deste home, que está en prisión provisional desde o 12 de agosto de 2021, e sinalou que o acusado atacara ao outro home porque lle atribuía unha relación sentimental coa súa muller. Cando os axentes foron buscalo á súa casa, o home recoñeceu os feitos e entregouse, alegando que “o cárcere está feito para homes”.

Por estes feitos, a Fiscalía acúsao dun delito de homicidio en grao de tentativa, e pide que sexa condenado a 8 anos de cárcere, e que se lle impoña a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima por outros 8 anos.

Con respecto ao prexudicado, que tivo que ser ingresado no hospital debido ás lesións e que, sen atención médica, puido sufrir un “desenlace letal”, o ministerio público pide que o indemnice en 7.000 euros (máis outros 1.377 euros de indemnización ao Sergas pola atención sanitaria).

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...