InicioEconomíaVigo recibe a escala inaugural do luxoso cruceiro 'Scenic Eclipse'

Vigo recibe a escala inaugural do luxoso cruceiro ‘Scenic Eclipse’

Compartiu peirao xunto ao 'Ventura'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo recibiu na mañá deste luns a escala inaugural do luxoso cruceiro Scenic Eclipse, un buque da naviera Scenic Group que chegou ás 08,00 horas con 155 pasaxeiros e 190 tripulantes a bordo.

Tal como informou o Porto de Vigo, con motivo da súa primeira visita á terminal viguesa, o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña, participou no tradicional intercambio de metopas co capitán do barco.

Durante a súa estancia no Porto vigués, o buque embarcou un submarino que foi trasladado en camión esta fin de semana desde Barcelona, onde foi reparado. O barco partiu do porto vigués ás 19,00 horas.

Ademais, o Scenic Eclipse compartiu peirao xunto ao Ventura, da naviera P&O, que chegou ás 07,30 horas con 1.080 tripulantes e 2.269 pasaxeiros e partiu ás 17,00 horas.

ÚLTIMAS

O primeiro premio da Lotaría Nacional, dotado con 600.000 euros, cae no Porriño

O primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional celebrado este sábado, 19 de abril,...

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar...

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...