InicioSucesosDetido en Vigo un home con varias doses de cocaína e haxix

Detido en Vigo un home con varias doses de cocaína e haxix

O condutor tamén levaba consigo unha bandoleira cuns 300 euros en billetes fraccionados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron un home con antecedentes policiais como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.

Os feitos ocorreron o pasado venres, cando unha dotación do 091 observou un coche aparcado na zona do Berbés co seu condutor dentro. Pouco despois, un transeúnte aproximouse a el e, a través do portelo, entregoulle diñeiro a cambio de varios envoltorios de plástico cun po branco.

Os axentes deron o alto ao condutor que, ao verse sorprendido, lanzou polo portelo do coche dúas papelinas, aínda que foron recollidas polos policías.

Ademais, na inspección do vehículo, localizaron 8 envoltorios de cocaína e catro de haxix, ocultos baixo a funda dunha cadeira de bebé. O condutor tamén levaba consigo unha bandoleira cuns 300 euros en billetes fraccionados.

Por estes feitos, o sospeitoso foi detido por un delito de tráfico de drogas, e interviñéronselle en total 5 gramos de cocaína e 6 gramos de haxix.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...

Tres anos de prisión para un home sorprendido con 10 gramos de cocaína nun bar de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...