InicioEconomíaO BNG di que pedirá medidas para frear o "acoso" da SAREB...

O BNG di que pedirá medidas para frear o “acoso” da SAREB a varias familias

O concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, pediu ao goberno de Vigo que se dirixa formalmente ao Executivo central para que tome medidas, e que o Concello intensifique as "medidas coercitivas" contra a Sareb, ante os "numerosos incumprimentos" desta entidade con respecto ás resolucións de Urbanismo que, ata o momento, saldáronse "só" cunha multa de mil euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG anunciou este martes a presentación de iniciativas no Parlamento de Galicia e no Concello de Vigo para reclamar ás administracións galega e municipal (do mesmo xeito que xa fixo no Congreso) que tomen medidas para pór fin ao “acoso inmobiliario” que sofren varias familias, veciñas da rúa Privada Moderna, por parte da Sareb.

Segundo apuntou o concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, que este martes se reuniu, xunto á deputada Alexandra Fernández, cos veciños afectados, o chamado ‘banco malo’ está “a comportarse como o peor dos fondos voitre”, negándose a acometer melloras nas vivendas das que é propietaria para provocar un escenario de ruína que permita “expulsar” a estes veciños.

Pérez Igrexas pediu ao goberno de Vigo que se dirixa formalmente ao Executivo central para que tome medidas, e que o Concello intensifique as “medidas coercitivas” contra a Sareb, ante os “numerosos incumprimentos” desta entidade con respecto ás resolucións de Urbanismo que, ata o momento, saldáronse “só” cunha multa de mil euros. Respecto diso, reclamou que o Concello inicie a execución subsidiaria dos arranxos nos inmobles.

Pola súa banda, Alexandra Fernández reiterou a necesidade urxente de que o Goberno realice a transferencia das vivendas da Sareb á Xunta de Galicia, tal e como se comprometeu hai un ano e engadiu que o goberno galego “tiña que estar a reclamar que se faga efectiva, para incorporar esas vivendas ao parque público do Instituto Galego de Vivenda e Solo”.

Por contra, criticou, a administración autonómica mantén unha “actitude pasiva”, a pesar de ter competencias en materia de vivenda, e pediu que a Xunta actúe como “mediadora” e “protectora” destes “veciños acosados”. “Igual que se habilitou un teléfono de asesoramento para casos de ocupación de vivendas, pedimos que se poña a disposición outro para atender estes casos de acoso inmobiliario”, propuxo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...