InicioSociedade36 km a pé entre Vigo e Pontevedra para pedir solidariedade cos...

36 km a pé entre Vigo e Pontevedra para pedir solidariedade cos enfermos de leucemia

600 persoas participaron na décimo terceira marcha '700 camisetas contra a leucemia'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este domingo, 600 persoas participaron na décimo terceira marcha ‘700 camisetas contra a leucemia’, organizada pola Asociación Frangil, cun traxecto de 36 quilómetros desde Vigo a Pontevedra.

Esta iniciativa solidaria ten como obxectivo sensibilizar e informar á sociedade sobre a importancia da doazón de medula ósea e de sangue do cordón umbilical.

Antes da saída, ás 9,00 horas desde o Centro Comercial A Laxe (Vigo), realizouse unha homenaxe aos falecidos por esta enfermidade. Tras iso, o promotor da Asociación Frangil, David Gil, animou aos participantes na saída e contou a súa experiencia nas visitas que realiza a centro escolares para animar aos máis novos a doar.

Esta marcha solidaria é unha iniciativa que comezou en 2010. Formaba parte de 10 etapas de percorrer Galicia co propósito de entregar 700 camisetas destinadas ás persoas que formasen parte do rexistro de doantes de medula ósea de Galicia.

Cando arrincou o proxecto en 2009, había unicamente 60.000 rexistros de doazón en España e en 2022 son preto de 450.000. A pesar do salto cuantitativo, desde a Asociación Frangil esta cifra é “insuficiente” para que as persoas que necesitan un transplante de medula teñan posibilidade de atopar un doante compatible. Por iso, esta iniciativa estende o seu labor durante o ano con outras accións de concienciación e visibilidade.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...