InicioSociedadeA goleta 'Atyla' chega a Vigo na súa viaxe de preparación para...

A goleta ‘Atyla’ chega a Vigo na súa viaxe de preparación para participar no Iacobus Maris Xacobeo

A ruta mariiñeira partirá o 25 de xuño desde a localidade italiana de Xénova rumbo á cidade viguesa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A goleta ‘Atyla’ chegou a Vigo na súa viaxe de preparación para participar na ruta Iacobus Maris Xacobeo 21-22, onde foi recibida, entre outros, pola delegada da Xunta na cidade, Marta Fernández-Tapias, e polo presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña. Tamén o presidente da Fundación Traslatio, Mario Cardama, deu a benvida este xoves á tripulación da goleta  no peirao de Transatlánticos de Vigo, onde volverá o próximo mes de xullo.

Esta embarcación será un dos once grandes veleiros que participarán na Iacobus Maris, polo que na actualidade está a ultimar detalles para o esperado comezo da travesía xacobea máis longa da historia.

Tras realizar unha visita polo interior do barco e coñecer a súa tripulación, a delegada da Xunta afirmou que é un “luxo” poder visitar este tipo de barcos por dentro e ver como están coidadas e a antigüidade que teñen algunhas pezas.

“É unha marabilla que empecen a chegar barcos como a goleta ‘Atyla’ ao noso porto, que ademais van facer o camiño inverso ata Xénova, como nos contaba o capitán, para empezar o día 24 a Iacobus Maris. Todos desexamos que cheguen á nosa cidade, que entren os veleiros, buques escola e goletas pola nosa ría e que podamos gozar todos os vigueses deste espectáculo que vai ser único”, reivindicou Fernández-Tapias.

A Iacobus Maris partirá o próximo 25 de xuño desde a localidade italiana de Xénova rumbo a Vigo, facendo escala en Valencia, Sevilla e Porto antes da súa chegada a Galicia.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...