InicioSociedadeA UVigo, pioneira en instalar máquinas con compresas e tampóns gratis nos...

A UVigo, pioneira en instalar máquinas con compresas e tampóns gratis nos seus campus

Trátase dunha medida "necesaria" que dá resposta a unha "reivindicación" das alumnas, que demandaban "dignificar unha necesidade fisiolóxica que as mulleres teñen sen que sexa opcional e acabar así coa cegueira de xénero".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo instará ata 25 dispensadores de produtos de xestión menstrual gratuítos, repartidos entre os seus tres campus (Vigo, Pontevedra e Ourense).

As máquinas, desenvolvidas pola empresa Dismac, funcionarán previa lectura do código de barras do cartón universitario das alumnas e expenderán caixas de tres tampones ou tres compresas, dependendo da elección das mulleres. Cada estudante pode usalas un máximo de tres veces á semana.

“Este é un cálculo inicial, pero despois dun tempo de proba poderase reaxustar se se considera necesario”, indicou a directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Águeza Gómez.

Tal como informou o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), hai pouco máis dun ano, a UVigo deu un pasou máis para visibilizar e normalizar a menstruación ao proporcionar produtos de hixiene feminina a estudantes. Unha iniciativa que se fixo a través das delegacións de alumnado, mentres non se licitaba un servizo de dispensadores que agora, xa está en marcha.

As primeiras máquinas de autoservizos xa están en funcionamento no edificio de Ciencias Experimentais e nas próximas dúas semanas completarase a instalación dun total de 25 entre os tres campus.

Coa instalación destes dispensadores, a UVigo convértese en pioneira de toda España na aposta por achegar produtos de xestión menstrual de forma gratuíta ás alumnas. Segundo Gómez, as universidades escocesas xa ofrecen este tipo de produtos, “pero a través de cestas nos servizos”, non con máquinas expendedoras.

Para ela, trátase dunha medida “necesaria” que dá resposta a unha “reivindicación” das alumnas, que demandaban “dignificar unha necesidade fisiolóxica que as mulleres teñen sen que sexa opcional e acabar así coa cegueira de xénero”.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...