InicioEconomíaA caída de automóbiles segue lastrando as cifras de tráficos do Porto...

A caída de automóbiles segue lastrando as cifras de tráficos do Porto de Vigo, que baixan un 10 %

En abril reduciuse un 38,87 % o tráfico de vehículos e nun 41,7 % o de pezas de automoción.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O descenso nos movementos de automóbiles e de pezas de automoción, ademais a baixada doutras mercadorías, seguiron lastrando o balance de tráficos do Porto de Vigo no mes de abril, cunha redución de algo máis do 10 %, segundo os datos dados a coñecer este venres na reunión mensual do Consello de Administración da Autoridade Portuaria.

Así, no mes de abril reduciuse un 38,87 % o tráfico de automóbiles e nun 41,7 % o de pezas de automoción; tamén baixaron os tráficos de aceites de peixe (-62 %); fariñas de peixes (-47,5 %), ou de pesca conxelada (-8,8 %); todo iso con respecto a abril de 2021.

Por contra, aumentaron as toneladas de produtos químicos (+65,4 %); papel e pasta de papel (+71,7 %); cereais e as súas fariñas (+24,8 %); lousa (+20,9%); e cemento (+19,9 %).

Con respecto ao tráfico acumulado entre xaneiro e abril, as mercadorías baixaron nun 2,7 %, e as cifras negativas afectan aos principais tráficos: -26,7 & de automóbiles, -35,3 % en pezas de automoción; e -0,68 % en pesca conxelada. Na outra cara da moeda, creceron os tráficos acumulados de cereais e as súas fariñas (+169,5 %) ou metais e as súas manufacturas (+24,4 %), entre outras.

O tráfico de colectores experimentou un crecemento do 10,4 % acumulado no primeiros catro meses do ano, aínda que o mes de abril pechou con cifras negativas (-3,16%).

Finalmente, no que respecta á pesca fresca, no mes de abril o tráfico descendeu un 11,8 %, e tamén se rexistrou un leve descenso, do 3,03 %, no tráfico acumulado.

ÚLTIMAS

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...

Un operativo antidrogas en dúas casas de Vigo, unha delas okupada, remata con tres detidos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon un punto negro de venda...

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...