InicioCulturaLes Luthiers presentan o seu espectáculo 'Gran Reserva' en Vigo do 21...

Les Luthiers presentan o seu espectáculo ‘Gran Reserva’ en Vigo do 21 ao 23 de outubro, con entradas xa á venda

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo arxentino Les Luthiers, co seu elenco 2019, presentará en Vigo o seu novo espectáculo, ‘Gran Reserva’, os días 21, 22 e 23 de outubro, no Auditorio Mar de Vigo, e as entradas xa están á venda na páxina https://www.teuticket.com/es/ver/les-luthiers.

Nesta xira, inédita en España, a formación ofrece unha antoloxía con algúns dos grandes éxitos dos seus 55 anos de traxectoria, como ‘La Balada del 7º Regimiento’, ‘San Ictícola de los’, ‘Entreteniciencia Familiar’, ‘La Hora de la Nostalgia’, ‘Qiuen conociese a María amaría a María’, o bolero ‘Perdonala’, ‘Música y Costumbres de la Isla de Makanoa’ e ‘Rhapsody in Balls’, entre outros.

Les Luthiers é un emblemático grupo de humoristas-músicos-actores que ofrece espectáculos con estilo propio, con música interpretada con instrumentos creados por eles mesmos, e nos que se mesturan diversos estilos cun humor intelixente e desternillante.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...