InicioVigo e contornaVigoFrancisco Conde volve pedir fondos europeos para Stellantis

Francisco Conde volve pedir fondos europeos para Stellantis

Esixe ao Goberno transparencia na execución dos PERTE.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, volveu reclamar este luns ao Goberno que atenda as necesidades da automoción galega no Perte deste sector e, en concreto, que as axudas europeas poidan dar resposta á planta de Stellantis en Vigo.

Así, en declaracións aos medios tras unha reunión con representantes do sector naval, Conde solicitou ao Executivo central que “se poidan identificar cales son as medidas que habería que establecer a través dos fondos Next Generation ou calquera outra alternativa” para que Stellantis e o resto de fabricantes en España poidan acceder a estas liñas “en igualdade de condicións”.

Ademais, Conde lamentou que o Perte estableza uns criterios en canto a prazos e intensidade de axudas que fan que Stellantis “non poida concorrer nin ter a posibilidade de captar fondos europeos por esta vía”. “Non ten sentido. Stellantis Vigo non ten a posibilidade de poder concorrer e poder captar os fondos que lle poidan permitir desenvolver as plataformas e que Vigo poida a partir do 2025-2026 fabricar novos modelos eléctricos”, expresou.

Neste sentido, asegurou que na reunión que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitoulle a Pedro Sánchez, a administración autonómica abordará “de forma prioritaria” este tema para que o sector da automoción “non se vexa discriminado” nos fondos europeos e que, en Galicia, Stellantis Vigo poida seguir desenvolvendo novos modelos na fábrica da cidade olívica.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...