InicioVigo e contornaVigoA muller que entrou no historial médico do seu exmarido non irá...

A muller que entrou no historial médico do seu exmarido non irá a prisión

A Fiscalía aceptou que sufría "extrema ansiedade" polo seu traballo como sanitaria.

PUBLICADO O

A enfermeira acusada dun delito de descubrimento de segredos, por entrar en varias ocasións no historial médico do seu exmarido sen o seu permiso, eludirá finalmente a prisión ao chegar as partes a un acordo, e ao aplicárselle a atenuante de enaxenación mental, segundo se fixo público este venres nunha vista de conformidade na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

M.P.R.B. enfrontábase a unha petición por parte da Fiscalía de 4 anos de prisión e 7 de inhabilitación absoluta. Finalmente, o ministerio público aplicou a atenuante de alleamento mental, xa que considera acreditado que a muller sufriu unha situación de “extrema ansiedade” desde agosto de 2020 durante momentos complicados da pandemia de Covid debido á súa condición de profesional sanitaria, que se agravou coa súa separación matrimonial e que afectaba á súa forma de actuar.

Por iso, modificou a súa petición de penas, rebaixando a de prisión a 2 anos, suprimindo a pena de inhabilitación, e reducindo a multa de 5.940 a 1.080 euros. Así mesmo, todas as partes acordaron a suspensión da execución da pena de prisión, de maneira que a acusada non terá que ingresar nun centro penal, xa que non ten antecedentes e non se reclama indemnización. Todo iso, coa condición de que non delinca durante 2 anos.

Segundo o escrito de acusación pública, a procesada traballaba como enfermeira pediátrica na área sanitaria de Vigo e accedeu ao historial do seu exmarido en polo menos sete ocasiones, entre o 19 de novembro de 2020 e o 19 de xaneiro de 2021. Estes accesos ao seu historial fíxoos usando o seu nome de usuario e a súa clave interna, sen que o prexudicado lle dera autorización e sen que mediasen motivos asistenciais.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...