InicioSucesosIndemnizan un vigués con 10.000 euros tras ser introducido indebidamente nun ficheiro...

Indemnizan un vigués con 10.000 euros tras ser introducido indebidamente nun ficheiro de morosos

Foi en 2019 cando o cidadán descubriu estar dentro dunha lista de morosos, cando lle impediron realizar certas accións bancarias e mesmo financiar a compra dun teléfono móbil, segundo explica Unive Avogados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo deu a razón a un vigués que foi indebidamente introducido nun ficheiro de morosos, polo que será indemnizado con 10.000 euros pola empresa que o incluíu por suposto falta de pagamento a unha tenda ‘en liña’ de electrodomésticos.

Tal como informou a defensa do demandante, o vigués viuse obrigado a emprender accións legais para defender o seu dereito á honra, por intromisión “ilexítima”, tras a cesión dos seus datos por parte dunha empresa, nos ficheiros de solvencia patrimonial.

Foi en 2019 cando o cidadán descubriu estar dentro dunha lista de morosos, cando lle impediron realizar certas accións bancarias e mesmo financiar a compra dun teléfono móbil, segundo explica Unive Avogados.

A sentenza do xulgado vigués recolle a vulneración por parte da compañía demandada do dereito fundamental á honra do demandante ao ceder os seus datos aos ficheiros de solvencia patrimonial, polo que a condena a pagarlle 10.000 euros.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...