InicioEconomíaTraballadores de Barreras reclaman unha solución para mantemer o emprego no...

Traballadores de Barreras reclaman unha solución para mantemer o emprego no estaleiro

Decenas de empregados criticaron a decisión do Xulgado do Mercantil de Vigo de autorizar a venda a Armón da unidade produtiva de Barreras, quedándose só con 20 dos máis de 120 empregados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores do estaleiro vigués Fillos de J. Barreras volvéronse a manifestar este mércores diante da Delegación da Xunta en Vigo para reclamar unha solución para a compañía que supoña o mantemento do emprego.

Convocada pola sección sindical de UGT-Fica, decenas de empregados criticaron a decisión do Xulgado do Mercantil de Vigo de autorizar a venda a Armón da unidade produtiva de Barreras, quedándose só con 20 dos máis de 120 empregados.

“Desde UGT-Fica Vigo consideramos necesario activar todos os resortes, incluída a Administración, para dar continuidade aos postos de traballo cualificados que poden chegar a desaparecer. Non sería admisible que, unha vez que a venda do estaleiro contempla a súa reactivación, esta pódese facer sen contar cos traballadores”, lamentou o sindicato.

Por iso, indicaron que continuarán apostando por unha solución “global” que garanta a recolocación do conxunto dos empregados.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...