InicioSociedadeFCC ten a mellor puntuación para o megacontrato de limpeza que ultima...

FCC ten a mellor puntuación para o megacontrato de limpeza que ultima o Concello de Vigo

Agora, FCC terá que achegar unha serie de documentación se quere facerse co contrato, como unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar, entre outros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo ultima a adxudicación do megacontrato de xestión de residuos e limpeza da cidade, que ascende a máis de 400 millóns de euros durante 10 anos ampliables en dous máis, e a compañía FCC apunta a ser a empresa adxudicataria, tras obter a mellor puntuación.

Así, a mesa de contratación do Concello olívico valorou con 89,75 puntos a proposta de FCC Medio Ambiente para o procedemento aberto da contratación dos servizos para a xestión sustentable e integrada dos residuos municipais e a súa valorización dentro do marco europeo da estratexia económica circular.

Desta maneira, a firma situouse no primeiro posto, por diante de UTE de Obras e Servizos Copasa, que obtivo unha puntuación de 78,41 puntos. Agora, FCC terá que achegar unha serie de documentación se quere facerse co contrato, como unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar, entre outros.

Todo iso despois de que o Concello de Vigo unificase os contratos de xestión de residuos dentro dun novo megacontrato que licitará por 421,9 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...