InicioSociedadeA UVigo celebrará un acto de homenaxe ao vicerreitor Manuel Ramos, falecido...

A UVigo celebrará un acto de homenaxe ao vicerreitor Manuel Ramos, falecido esta semana

Manuel Ramos Cabrer morreu de forma repentina o 3 de maio no seu domicilio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Praza Erasmo do campus universitario de Vigo acollerá este xoves ás 12,00 horas un acto de homenaxe a Manuel Ramos Cabrer, vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado da institución académica, que faleceu de forma repentina o 3 de maio no seu domicilio familiar.

Así o confirmou a UVigo, que tamén trasladou o unánime recoñecemento da comunidade universitaria á traxectoria académica e investigadora, ao talante e personalidade deste lucense, enxeñeiro de Telecomunicacións e doutor en Enxeñaría Telemática.

Tanto os seus compañeiros de investigación, como docentes e representantes sindicais mostraron o seu pesar por esta perda, e recalcaron o valor humano de Ramos Cabrer, ademais do seu labor na Universidade de Vigo.

Do mesmo xeito, o equipo de goberno mostrouse conmocionado pola súa morte que, precisamente, se produciu na véspera da xornada electoral, na que Manuel Reigosa revalidou o seu cargo como reitor da institución. De feito, Manuel Ramos formaba parte da candidatura que encabezou Reigosa (e que foi a única que concorreu no proceso).

ÚLTIMAS

Cirurxiáns do Álvaro Cunqueiro de Vigo extirpan un tumor de próstata cunha soa incisión por primeira vez no mundo

O Servizo de Urología do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo levou a cabo...

O PP acusa a Caballero de ser “responsable político” das condenas por corrupción que acumulan socialistas vigueses

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou ao alcalde, Abel Caballero, de...

Pleno extraordinario para reclamar 5 millóns á Xunta para a implantación de Medicina na UVigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este mércores a convocatoria dun pleno extraordinario para...

O Concello de Vigo critica a perda dun xulgado de Instrución: “Coloca á cidade nunha situación límite”

O Concello de Vigo criticou este mércores a decisión do Consello de Ministros de...