InicioVigo e contornaVigoAdxudicada a construción do novo parque de bombeiros de Vigo por 2,7...

Adxudicada a construción do novo parque de bombeiros de Vigo por 2,7 millóns

Estará situado nunha parcela propiedade do Concello no Camiño dos Esturáns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de goberno local do Concello de Vigo adxudicou a construción dun novo parque de bombeiros por 2,7 millóns de euros, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, na súa rolda de prensa diaria. Así, Vigo contará cunha nova sede de Bombeiros que estará situado nunha parcela do propio Concello da rúa Esturáns, “moi preto” do Porto e tamén do centro, tal como reivindicou o rexedor olívico.

Caballero puxo en valor a necesidade destas novas instalacións, lamentando a situación na que se atopaba o antigo parque de Balaídos. As obras terán un prazo de execución de 12 meses. O novo edificio de bombeiros de Vigo contará con case 2.000 metros cadrados de superficie repartidos entre un soto, un baixo e dúas plantas. Ademais, terá capacidade para saír tres vehículos á vez.

ÚLTIMAS

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...

Buscan a unha muller de 53 anos desaparecida en Vigo desde o pasado martes

A asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición, en Vigo, de María Milagres...