InicioSociedadeDetectados outros dous novos casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida...

Detectados outros dous novos casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida detectados en Vigo

Ata a data detectáronse cinco casos, dos cales dous permanecen coa enfermidade activa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou ao Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidad a detección en Galicia de dous novos casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida.

Segundo informou Sanidade nun comunicado de prensa, estes dous novos casos pertencen á área sanitaria de Vigo. Un deles, concreta, tivo a enfermidade no mes de marzo e outro permanece ingresado e, destaca, “evoluciona favorablemente”. Ata a data, detectáronse en Galicia cinco casos, dos cales dous permanecen coa enfermidade activa, puntualiza a Xunta.

Os dous primeiros casos notificados foron feitos públicos por Sanidade o pasado 19 de abril, un na área da Coruña e outro na de Vigo. No seu momento, indicou a Consellería que un pasou a enfermidade en xaneiro e o outro estaba en recuperación cunha evolución clínica positiva.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...