InicioSociedadeA Xunta sobre o concerto de Muse e o alcalde de Vigo:...

A Xunta sobre o concerto de Muse e o alcalde de Vigo: “Viuse acurralado, pero puido evitar a polémica”

"Toda esta polémica poderíase evitar se o alcalde actuase de forma cabal, como o resto de alcalde dos outros 312 concellos de Galicia, e ofrecese o seu apoio desde o primeiro momento", censurou a delegada da Xunta, Marta Fernández-Tapias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo terá o concerto de Muse”, así de contundente se expresou este xoves a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, despois de que o alcalde da cidade anunciase en rolda de prensa que cederá o estadio municipal de Balaídos para o evento, alegando que non permitirá “que llo leven a Coruña”.

A través dunhas declaracións remitidas aos medios, Fernández-Tapias confirmou a celebración deste concerto, e sinalou que en próximos días anunciarase a data, á vez que lamentou que o rexedor estivese “mentindo durante días”.

“Toda esta polémica poderíase evitar se o alcalde actuase de forma cabal, como o resto de alcalde dos outros 312 concellos de Galicia, e ofrecese o seu apoio desde o primeiro momento”, censurou a delegada.

Segundo apuntou, Abel Caballero aceptou ceder o estadio, aínda sen ter unha solicitude directa da Xunta ou do Xacobeo para o concerto (como esixira), porque “se viu acurralado na súa propia estratexia, nesa forma nefasta de facer política, de enfrontarse á Xunta única e exclusivamente para sacar réditos políticos e atacar ás persoas”.

“Esta vez non, alcalde, esta vez conseguimos que dobregase o pulso, acurralado nas súas propias mentiras”, incidiu Fernández-Tapias, que lembrou que o alcalde chegou a cuestionar que houbese contactos para facer o concerto de Muse, insinuou que xa había data pechada para facelo na Coruña, e todo iso despois de rexeitar actos do Xacobeo en Vigo, ou de pedir á Xunta o diñeiro dos concertos para que os organizase o propio Concello.

Tamén lle afeou que se negou a entrevistarse con ela, e todo para “perder o tempo”. Por iso, concluíu que “o único que non quería o concerto de Muse en Vigo” era o propio rexedor, mentres que a Xunta mantivo a súa postura, e ten “o compromiso da produtora e o visto e prace do Celta”.

ÚLTIMAS

Alonso Montero: O intelectual que uniu beiras e memoria

O falecemento de Xesús Alonso Montero deixa un baleiro incalculable na cultura galega, pero...

Recuperan un cadáver flotando fronte ao Auditorio Mar de Vigo

Os servizos de emerxencias recuperaron este luns un cadáver que apareceu flotando fronte ao...

A Xunta dá luz verde a 2.000 vivendas protexidas no Ofimático de Vigo

O Goberno galego deu luz verde na súa reunión semanal ao proxecto de interese...

Folga indefinida en Alten en Nigrán contra despedimentos e “chantaxes” tras o conflito pola cesión ilegal en BorgWarner

Empregados de Alten, empresa que traballa para a auxiliar automobilística BorgWarner, iniciaron este luns...