InicioVigo e contornaVigoPrisión para un veciño de Vigo interceptado ata seis veces conducindo sen...

Prisión para un veciño de Vigo interceptado ata seis veces conducindo sen carné

O home nunca chegara a sacar o permiso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de Vigo, M.S.S. de 47 anos de idade, foi enviado a prisión tras ser interceptado ata en seis ocasiones conducindo sen obter nunca o permiso de conducir. Tal como informou a Policía Local, o home circulaba de forma habitual polas rúas da cidade e cada vez que era interceptado polos axentes presentaba unha denuncia de extravío do seu permiso portugués, que nunca obtivera.

A primeira intervención remóntase a outubro de 2020, cando utilizou por primeira vez dita escusa. Os actuantes realizaron as xestións oportunas e confirmaron que carecía de calquera permiso emitido en Portugal ou en España. Dúas semanas despois foi localizado novamente na mesma situación, así como o 24 de marzo, o 5 de outubro e o 30 de novembro de 2021, datas nas que estaba a cumprir unha pena de xornadas de traballo en beneficio da comunidade, das cales lle restaban 80 xornadas.

Ditas penas respondían as sentenzas firmes dos Xulgados de Instrución número 2, número 4 e número 8 de Vigo, nas cales, ademais, constaba unha advertencia expresa de non conducir vehículo a motor algún ata que non obtivese a correspondente autorización administrativa.

Con todo, o pasado 13 de marzo o home foi interceptado novamente mentres conducía o coche dun amigo. Por iso, o Xulgado de Instrución número 3 de Vigo ditou sentenza firme para a condena penal de seis meses de prisión, debendo cumprir unha pena de catro meses de cárcere ao ser reducido nun terzo por un delito continuado contra a seguridade do tráfico.

A esta sentenza súmase a procedente do Xulgado do Penal número 2 de Vigo, onde foi condenado a unha pena de seis meses e un día de prisión ao tomars en consideración especial a “reprochabilidade” da conduta do acusado, quen a pesar das sucesivas condenas e privacións de conducir, non deixou de facelo.

ÚLTIMAS

Nova polémica no Pleno de Vigo tras aprobarse un novo programa de vivendas para familias vulnerables

A Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobou este martes unha iniciativa para pór en...

Caballero atribúe a subida do recibo de lixo á “estafa” de Sogama: “Rueda débese crer que en Vigo somos parvos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, censurou a "caradura política" do PP por pedir...

Zona Franca e UVigo asinan o novo convenio para a Cátedra Ardán, que incrementa o orzamento ata 960.000 euros

O delegado da Zona Franca, David Regades, e o reitor da Universidade de Vigo,...

Enfróntase a 3 anos de cárcere por posesión e distribución de pornografía infantil en WhatsApp

Un veciño de Vigo sentará este mércores no banco dos acusados do xulgado do...