InicioSociedadeConcurso de ideas para remodelar o edificio dos xulgados da rúa Lalín...

Concurso de ideas para remodelar o edificio dos xulgados da rúa Lalín de Vigo

Converterase no Centro do Asociacionismo de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou este xoves xunto co presidente do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) na cidade, Manuel Martínez Carazo, o convenio mediante o que se convocará un concurso de ideas para remodelar o edificio dos xulgados da rúa Lalín e convertelo así no Centro do Asociacionismo de Vigo.

“A publicación deste concurso de ideas está prevista para finais de maio, para poder contar cun anteproxecto no mes de outubro e o proxecto definitivo no mes de decembro“, indicou a representante autonómica tras manter unha reunión na sede do Colexio cos máximos representantes na cidade.

O obxectivo do convenio, segundo recolle a Xunta nun comunicado, é a convocatoria deste concurso de ideas coa intervención de que un xurado seleccione a mellor idea que se desenvolverá a nivel de anteproxecto con asistencia do COAG. O documento final servirá de base para a redacción do proxecto técnico, básico e de execución, incluíndo o proxecto de seguridade e de saúde, de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto de telecomunicacións das obras de rehabilitación.

Por todo iso, espérase que se poida formalizar o contrato para a execución da obra no primeiro semestre do ano que vén e tería un prazo de execución duns 36 meses. Esta actuación pretende habilitar locais na planta baixa e da primeira á quinta do edificio e a súa cesión a asociacións da cidade. Ademais, tamén se poderán trasladar alí dependencias administrativas que están a ocupar oficinas alugadas.

Os traballos tamén poderían estenderse aos sotos que na actualidade se destinan a aparcadoiro e a arquivos, polo que poderían habilitarse unhas 134 dependencias. O orzamento estimado é de 12,5 millóns de euros, incluíndo 100.000 euros para os premios do concurso de ideas e máis de 383.000 euros para a redacción do proxecto derivado del e a dirección da obra.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...