InicioSucesosDeteñen catro persoas por okupar unha vivenda cando a súa propietaria estaba...

Deteñen catro persoas por okupar unha vivenda cando a súa propietaria estaba de viaxe

Os feitos ocorreron na rúa do Progreso da cidade olívica e, segundo informou a Policía Nacional, foi a propietaria quen deu aviso ao decatarse á volta dunha viaxe de que cambiaran a fechadura da súa vivenda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro persoas foron detidas na mañá deste martes en Vigo despois de okupar unha vivenda aproveitando que a propietaria saíra de viaxe uns días.

Os feitos ocorreron na rúa do Progreso da cidade olívica e, segundo informou a Policía Nacional, foi a propietaria quen deu aviso ao decatarse á volta dunha viaxe de que cambiaran a fechadura da súa vivenda.

Segundo relatou á Policía, ela pasara uns días no estranxeiro, deixando a súa vivenda perfectamente pechada, pero cando chegou decatouse de que cambiaran a fechadura e había luz no interior da mesma, ademais de varias persoas ás que non coñecía.

Unha vez no lugar, os axentes entrevistáronse cos okupas, que manifestaron nun primeiro momento ser os lexítimos propietarios do inmoble e que levaban uns días vivindo alí.

En concreto, o inmoble onde se produciron os feitos consta de tres plantas, con vivendas individuais amobladas e con todos os servizos de luz e auga en “perfecto estado”. Os actuantes accederon a todas as estancias do edificio en compañía da propietaria e coa participación dos okupas, utilizando as súas propias chaves, que previamente cambiaran.

No interior, a Policía localizou ferramenta utilizada para forzar e substituír as fechaduras. A propietaria, nunha primeira inspección, decatouse de varios efectos que puideron ser subtraídos, como un reloxo Rolex valorado en 6.000 euros, así como outro da marca Omega de 4.000 euros, roupa de muller de gran valor, un televisor e un equipo de son.

Por todo iso, os catro mozos foron detidos e trasladados a dependencias policiais, para continuar coas dilixencias de investigación, pasando a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...