InicioEconomíaApoio de Caballero ás demandas de Stellantis no PERTE: "Diso dependen miles...

Apoio de Caballero ás demandas de Stellantis no PERTE: “Diso dependen miles de empregos e a riqueza dun territorio”

O Goberno publicou as bases do PERTE da automoción o pasado 18 de marzo e, días despois, o alcalde Vigo valorou que se tiveron en conta as súas "suxestións" para que a planta de Stellantis puidese beneficiarse do plan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este martes “todo” o seu apoio á planta viguesa do grupo Stellantis nas súas demandas sobre as condicións do PERTE do vehículo eléctrico e conectado, e advertiu de que “diso dependen miles e miles de empregos, e a riqueza dun territorio”.

Así o manifestou en rolda de prensa o rexedor olívico, tras as críticas da multinacional automobilística sobre as condicións dese plan de axudas, que deixarían fóra algunhas das iniciativas previstas para a fábrica.

O Goberno publicou as bases do PERTE da automoción o pasado 18 de marzo e, días despois, o alcalde Vigo valorou que se tiveron en conta as súas “suxestións” para que a planta de Stellantis puidese beneficiarse do plan. No entanto, as condicións foron criticadas pola factoría pola rixidez dos requisitos e os prazos, e porque impedirían o financiamento de, por exemplo, as novas plataformas para o vehículo eléctrico.

Agora, o alcalde manifestou que a factoría automobilística ten “todo” o seu apoio, porque “ten razón” nas súas formulacións. “É imprescindible que o PERTE contemple a Stellantis Vigo con toda a súa inmensa capacidade de actuación, diso dependen miles e miles de empregos, a riqueza dun territorio e unha capacidade exportadora sen igual“, proclamou.

ALTA TENSIÓN E IEO

Na mesma liña, esixiu ao Goberno que modifique a planificación de Rede Eléctrica Española para que a factoría (e o resto de industria da cidade) poida conectarse á rede de moi alta tensión e volveu a insistir na capacidade de creación de riqueza da automoción viguesa. “Somos a industria exportadora máis importante de España, e queremos que se recoñeza”, aseverou.

Por outra banda, e en relación ao proceso descentralizador do Instituto Español de Oceanografía, o alcalde lembrou que o grupo de goberno presentará no pleno municipal deste mércores unha moción para instar o Goberno a nomear a sede do IEO de Vigo centro de coordinación deste organismo para toda España.

A proposta expón tamén o rexeitamento ao “procedemento e desconsideración na avaliación dos méritos históricos da cidade” na decisión de outorgar a Santander a dirección da área de Pesqueiras; e denuncia que a Xunta “non propuxo a candidatura nin promocionou Vigo” como sede, póndose “de lado”.

Abel Caballero asegurou que manterá a súa posición “firme” neste tres demandas (alta tensión, PERTE de automoción e sede do IEO), e “en ningún caso” deixará de reclamar o que corresponde á cidade. “A miña posición é inamovible”, resolveu.

ÚLTIMAS

Detido un home en Vigo tras prenderlle lume á súa exparella

A Policía Nacional detivo a un home en Vigo tras asperxer á súa exparella...

Comeza a operación Panificadora en Vigo, á espera do PXOM e as expropiacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

O presidente dos comuneiros de Cabral afronta un ano e tres meses por unha obra ilegal

O Xulgado do Penal número 2 de Vigo acollerá a próxima semana un xuízo...

A Valedora volve pedir ao Concello de Vigo información sobre o accidente mortal das festas de Matamá

A Valedora do Pobo enviou esta semana ao Concello de Vigo un segundo requirimiento para...