InicioVigo e contornaVigoUnha condutora ebria provoca un accidente múltiple en Vigo

Unha condutora ebria provoca un accidente múltiple en Vigo

Triplicaba a taxa de alcolemia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha condutora que triplicaba a taxa de alcol permitida foi a causante dun accidente múltiple en Vigo esta madrugada, onde se viron involucrados ata cinco coches, segundo informou a Policía Local nun comunicado. Así, foi sobre as 03,45 horas cando unha chamada alertou dunha colisión entre varios vehículos na rúa Doutor Darío Durán Gómez. Unha vez no lugar, comprobaron que se trataba dunha saída de vía.

No lugar atopábase a condutora causante dos danos, M.B.G. de Vigo e 27 anos de idade, a cal presentaba “claros síntomas” de atoparse baixo os efectos do consumo de alcol. Por iso, foi sometida a dúas probas, arroxando un resultado positivo de 0,89 e 0,87 miligramos por litro de aire expirado, o que excede o límite penal establecido.

Por outra banda, a Policía Local tamén informou de que outro condutor, A.E.M. de Uruguai e 58 anos de idade, foi interceptado cuatriplicando a taxa de alcol permitida. Foi na madrugada do pasado domingo, sobre as 02,00 horas, cando unha patrulla observou na Avenida de Beiramar un vehículo que circulaba co catro intermitentes e un dos pneumáticos rebentado.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...