InicioSociedadeO Concello de Vigo indemniza unha muller que caeu polo mal estado...

O Concello de Vigo indemniza unha muller que caeu polo mal estado da beirarrúa

Compensará a persoa en algo máis de 14.000 euros polos danos e secuelas sufridas, ademais doutros gastos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo estimou parcialmente a reclamación dunha viandante que sufriu unha caída debido ao mal estado do pavimento nunha beirarrúa da cidade, e compensaraa en algo máis de 14.000 euros polos danos e secuelas sufridas, ademais doutros gastos.

Nunha resolución do departamento de Patrimonio, o consistorio admite que é responsabilidade da administración manter en bo estado o pavimento e que o lugar onde se produciu a caída (en marzo de 2019), na confluencia das rúas Gran Vía e Honduras, non estaba en boas condicións. De feito, cando se produciu o accidente, interveu a Policía Local, que tomou fotografías onde se reflectía que había varias lousas rotas e levantadas (que foron reparadas posteriormente). Esta circunstancia foi ratificada polas testemuñas.

Deste xeito, estima parcialmente a reclamación de responsabilidade patrimonial da muller, que sufriu danos no pulso, e que tivo que ser intervida, ademais de padecer artrose postraumática. O Concello fixou a indemnización en 14.112,83 euros, pero a prexudicada, representada pola avogada Ana Quiroga, recorrerá para lograr unha reparación integral do dano polas secuelas e os intereses.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...