InicioPolíticaO BNG de Vigo pide revisar o plan de mobilidade da cidade...

O BNG de Vigo pide revisar o plan de mobilidade da cidade para reducir os niveis de ruído e contaminación

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo pediu este venres unha revisión do plan de mobilidade urbana da cidade para avanzar cara a unha urbe menos ruidosa e contaminante. Nun comunicado, os nacionalistas reclamaron un estudo de avaliación do documento, elaborado en 2014 e actualizado por última vez en 2020, ante a “falta de avances” do goberno local nesta materia.

“Doce anos despois da posta en marcha deste plan, o certo é que non se perciben grandes transformacións no que ten que ver coa mobilidade”, lamentou o portavoz municipal do Bloque, Xabier Pérez Igrexas. Para el, xa é hora de que este plan “deixe de ser un extenso tomo de papel mollado” e Vigo avance cara a unha cidade na que vivir e convivir “e non só transitar”.

O BNG insistiu en que Vigo continúa sendo a urbe cun maior número de vehículos por persoa de toda a Península Ibérica, rexistrando cada día máis de 300.000 desprazamentos, cuns 90.000 coches. Este volume de tráfico, ao seu xuízo, tradúcese en niveis de ruído “insoportables”, por encima do recomendado pola Organización Mundial da Saúde para 2 de cada 3 vigueses, deixando á súa vez unha “elevada” contaminación atmosférica.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...