InicioVigo e contornaVigoO BNG pide cesar a un edil vigués por "dinamitar" a folga...

O BNG pide cesar a un edil vigués por “dinamitar” a folga de limpeza

Aseguran que o o concelleiro de Fomento e Servizos dispuxo outra empresa concesionaria para cumprir os traballos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo esixiu o cesamento inmediato do concelleiro de Fomento e Servizos, Javier Pardo, polo “esquirolaxe institucional” practicado ante a folga convocada no servizo de limpeza de dependencias municipais, e despois de que os sindicatos denunciasen que “por orde do alcalde” un retén doutra concesionaria (FCC) estivo a realizar as tarefas das traballadoras en folga.

Nunha rolda de prensa, o edil nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, referiuse a o ocorrido na mañá deste martes no Consistorio, denunciado polos sindicatos, e criticou que o goberno de Abel Caballero practicou ” o esquirolaxe”, tentando “dinamitar o exercicio dun dereito fundamental, como é o de folga”.

Ademais, tamén censurou a xustificación “oficiosa” do goberno local, que alegou que a presenza de operarios de FCC (escoltados por Policía Local) foi un erro cometido por un traballador sen coñecemento do propio goberno local. “É unha inaceptable tomadura de pelo”, advertiu Pérez Igrexas.

Respecto diso, reclamou que se depuren responsabilidades políticas, que se cese ao concelleiro da área, Javier Pardo, e que se dean “explicacións claras”. Por outra banda, avanzou que os servizos xurídicos do BNG estudarán a posibilidade de “emprender accións legais”, para “que non quede impune” o “atropelo” do goberno local aos dereitos das traballadoras en folga (case todas son mulleres no servizo)

ÚLTIMAS

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...

Dous detidos nun operativo contra un punto de venda de drogas en Vigo

Axentes da UDYCO da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a dous homes...

Denuncian o “desmantelamento” do servizo de deportes de Vigo: “Imos á privatización total”

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou o "desmantelamento" do servizo...