InicioEconomíaO servizo de limpeza do Concello de Vigo, en folga

O servizo de limpeza do Concello de Vigo, en folga

As traballadoras denuncian uns servizos mínimos "ilegais".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores do servizo de limpeza das dependencias municipais de Vigo denunciaron os servizos mínimos “ilegais” impostos polo Concello ante a folga que comezaron os empregados este luns. Así, segundo informou a Europa Press a secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández, o 100% do persoal da limpeza de dependencias municipais secundaron este luns o paro indefinido, incluso “incumprindo” os servizos mínimos por ser “ilegais”.

Desta maneira, a organización sindical, con maioría no comité de empresa de Urbaser, a concesionaria municipal do servizo, asegurou que presentará unha demanda contenciosa-administrativa e ante inspección de traballo debido aos “inauditos” servizos mínimos.

Neste sentido, explicou que o Concello estableceu servizos mínimos para locais como bibliotecas e ludotecas, onde non se opera as 24 horas ao día, pero non para outras instalacións como Bombeiros ou Policía Local, que si traballan as 24 horas. Ademais, incluíuse dentro dos servizos mínimos a membros do comité de folga, o que impediría que realizasen o seu labor de “velar” polo cumprimento da normativa de folga.

Por todo iso, reivindicou que son uns servizos mínimos “ilegais” e que terían que ser pactados co comité da empresa e lembrou que en 2010, na folga dos servizos de limpeza dos colexios públicos, non se estableceu ningún tipo de servizo mínimo.

“É unha senvergoña. O nunca visto”, lamentou Fernández, para asegurar que os traballadores se seguirán concentrando todos os días desde as 09,30 horas ás 12,00 horas na Praza do Rei diante do Concello de Vigo, do mesmo xeito que fixeron este luns, primeiro día da folga. Tamén criticou que o Goberno local rexeitase “ata en 15 ocasións” reunirse co comité de empresa.

Este servizo de limpeza afecta a todas as instalacións e edificios municipais (o Concello en Praza do Rei, museos, o zoolóxico, etc.) e préstano unhas 60 empregadas.

Preguntado pola folga, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, evitou falar sobre a petición dos traballadores de reunirse co concelleiro responsable Javier Pardo. “As folgas trátanas os traballadores coas empresas”, limitouse a dicir Caballero, a pesar de ser unha concesión municipal.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...