InicioVigo e contornaVigoAberto o prazo para presentar obras ao Festival de Cinema Inclusivo de...

Aberto o prazo para presentar obras ao Festival de Cinema Inclusivo de Vigo

A temática é libre e aceptaranse tanto pezas documentais como de ficción.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva organiza o VII Festival Internacional de Cinema Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte, polo que xa abriu o prazo de recepción de obras, que se poderán enviar ata o próximo 30 de xuño.

Así, todos aqueles interesados poderán presentar as súas curtametraxes, longametraxes de ficción, documentais e webseries, segundo indicou a organización nun comunicado. A temática das curtametraxes é totalmente libre, podendo ser tanto de ficción como de non-ficción, mentres que nos documentais, nas longametraxes de ficción e nas webseries a temática virará ao redor da inclusión co obxectivo de visibilizar todos aqueles proxectos que toquen de maneira substancial a diversidade funcional, sexual, xeracional, económica ou cultural e o que a rodea.

A duración máxima das obras será de 25 minutos no caso dos curtos, así como de 180 minutos cando se trate dun documental ou dunha longametraxe. A inscrición é gratuíta.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...