InicioMedio Ambiente e PatrimonioPatrimonio pide ao Concello de Vigo completar a documentación para a rehabilitación...

Patrimonio pide ao Concello de Vigo completar a documentación para a rehabilitación do Pazo da Raposeira

Tal como explicou a Xunta nun comunicado, este edificio, que se pretende recuperar para uso sociocultural e que inclúe tamén unha capela, un cruceiro, unha fonte, un estanque, xardíns e o peche do perímetro, conta cun nivel de protección "integral".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural requiriu ao Concello de Vigo que complete a documentación respecto ao expediente relativo á rehabilitación e acondicionamento do Pazo da Raposeira, situado na parroquia de Sárdoma.

Tal como explicou a Xunta nun comunicado, este edificio, que se pretende recuperar para uso sociocultural e que inclúe tamén unha capela, un cruceiro, unha fonte, un estanque, xardíns e o peche do perímetro, conta cun nivel de protección “integral”.

Neste sentido, e tras analizar a solicitude municipal, os técnicos do servizo de Patrimonio de Pontevedra consideran que a intervención pode ser compatible coa preservación dos seus valores atendendo á aplicación da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, aínda que é necesario que se enmiende a proposta do Concello con nova documentación.

Deberase así realizar un estudo histórico no que se recolla a evolución construtiva do edificio e as obras realizadas sobre o mesmo, incluíndo as executadas en tempos recentes.

A resolución asinada e notificada este martes especifica a necesidade de elaborar fichas de diagnoses do estado de conservación dos diferentes sistemas construtivos, nas que terán que sinalarse os danos patolóxicos que presentan, así como as medidas adoptadas ou pendentes para a súa reparación e para a corrección ou eliminación dos factores causantes.

Entre outros requirimentos, establécese que se faciliten os planos acoutados das plantas e dos esquemas estruturais, así como a situación na que se atopan os elementos de carpintaría. O Concello ten un prazo de dez días para presentar a documentación.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...