InicioCulturaAs Tanxugueiras volverán a Vigo este verán

As Tanxugueiras volverán a Vigo este verán

Actuarán o 31 de xullo no auditorio de Castrelos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo Tanxugueiras formará parte da programación de concertos de verán de Vigo, e actuarán o 31 de xullo no emblemático auditorio de Castrelos, segundo avanzou este martes o alcalde, Abel Caballero. As Tanxugueiras volverán así á cidade olívica despois do éxito do concerto celebrado no Auditorio Mar de Vigo o pasado 1 de abril, coas entradas esgotadas semanas antes da súa actuación.

O trío de pandereteiras atópase inmerso de cheo na súa xira ‘Midas’ tras o éxito obtido no Benidorm Fest que, aínda que non lles deu a praza para representar a España en Eurovisión, serviu de plataforma de proxección nacional e internacional.

O Concello de Vigo deu a coñecer xa varios nomes de artistas e grupos que actuará este verán en Castrelos: Sebastián Yatra (13 de xullo), Leiva (4 de agosto), Sting (6 de agosto), e Hombres G (14 de agosto). A estes concertos sumaranse os programados no Festival Terraceo, entre eles, Annie B Sweet, Ángel Stanich, Sés, Xisco Feijóo, Soleá Morente ou Delafé e as Flores Azuis.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...