InicioEconomíaA Cátedra Ardán renóvase por outros catro anos

A Cátedra Ardán renóvase por outros catro anos

Zona Franca e Universidade de Vigo veñen de firmar un novo convenio para dar continuidade a este modelo "de éxito" na investigación sobre a economía galega.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O consorcio Zona Franca de Vigo e a Universidade de Vigo (UVigo) renovaron o convenio para a Cátedra Ardán, tras catro anos dun modelo de “éxito” na investigación sobre economía en Galicia e na medición do desempeño do seu tecido empresarial.

Este luns, o delegado do Estado, David Regades, e o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, asinaron o acordo co obxectivo de “xerar e difundir” coñecemento sobre a competitividade de Galicia, para propiciar a mellora nas empresas e o apoio no deseño de políticas públicas “máis eficientes”.

Ardán é un instrumento útil para unha sociedade que necesita basear a súa competitividade no coñecemento”, indicou Regades, lembrando que unha das liñas desenvolvidas, os Indicadores Ardán, “valéronlle ao Consorcio un premio do Ministerio de Facenda á Innovación na Xestión Pública no ano 2021”.

Pola súa banda, Reigosa mostrou a súa “satisfacción” polo percorrido feito entre as dúas institucións, resaltando que a Cátedra é un “bo exemplo” de cooperación institucional e que os resultados ao longo destes anos son “moi positivos” e “contribúen ao desenvolvemento da empresa galega”.

“A firma dun novo convenio para catro anos vai permitir que os traballos académicos se fagan con máxima seguridade e para que os indicadores Ardán continúen sendo un referente para a economía de Galicia“, reivindicou.

A Cátedra Ardán estableceuse en marzo de 2018 para crear un marco “estable” de colaboración na elaboración de investigacións sobre a economía de Galicia e o desempeño empresarial das compañías galegas, segundo explica Zona Franca nun comunicado. Nestes catro anos, a iniciativa suma prestixiosas persoas, catedráticas e investigadoras da UVigo, que traballan estreitamente co servizo de información empresarial do Consorcio para elaborar metodoloxías rigorosas e enfoques vangardistas sobre o desempeño empresarial.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...