InicioCulturaO lendario guitarrista de jazz Pat Metheny actuará en Vigo o 17...

O lendario guitarrista de jazz Pat Metheny actuará en Vigo o 17 de xuño

Será dentro do ciclo Xacobeo Importa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O guitarrista americano Pat Metheny, un dos grandes artistas da escena jazz contemporánea, actuará o próximo 17 de xuño no Auditorio Mar de Vigo, na 11ª edición do ciclo Xacobeo Importa (antes Galicia Importa).

Esta será a segunda actuación do músico na cidade, tras o seu concerto de 1998, e presentará o seu novo traballo, ‘Side Eye’, tras máis de 40 anos de traxectoria, 60 álbums de estudo e 20 premios Grammy.

Pat Metheny tocou cos máis grandes músicos en todos os rexistros posibles: desde Jaco Pastorius a Ornette Coleman, Sonny Rollins a David Bowie, Steve Reich a Milton Nascimento, pasando por Antonio Carlos Jobim, Enrique Morente ou Herbie Hangcock, entre outros moitos.

Na programación desta edición de Xacobeo Importa están tamén confirmados os concertos de Eagles of Death Metal, en Santiago o 23 de abril; White Lies e Charming Liars tamén en Santiago o 15 de maio; The James Hunter Six en Ourense o 28 de maio; Leon Bridges o 10 de xullo en Vigo; e Jacob Collier o 27 de xullo en Santiago.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...