InicioCulturaA Xunta desenvolve en centros escolares de Vigo e Ponteareas contacontos ilustrados...

A Xunta desenvolve en centros escolares de Vigo e Ponteareas contacontos ilustrados sobre galegas referentes

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia leva este venres ao CEIP Escultor Acuña de Vigo e ao CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera, de Ponteareas, dúas novas sesións de contacontos ilustrados sobre galegas referentes.

Tal como informou o Goberno autonómico, esta actividade repasará as traxectorias de mulleres como a profesora e inventora Ángela Ruiz Carballos ou a escritora Rosalía de Castro.

Esta iniciativa vai dirixida a alumnos de educación infantil e primaria, co obxectivo de que coñezan e recoñezan figuras de mulleres que tiveron un papel relevante no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea. Enmárcase no programa ‘Donas de si’, co que o Goberno galego traballa con 65 centros escolares no ámbito da igualdade.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...