InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero marca as súas "liñas vermellas" a Portos do Estado: non...

Abel Caballero marca as súas “liñas vermellas” a Portos do Estado: non ao tren desde Bouzas e non máis recheos

Así mesmo, incidiu na importancia de que se avance na saída sur ferroviaria desde a estación de Urzáiz e na conexión de Vigo coa cidade portuguesa do Porto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión co presidente de Portos do Estado, Álvaro Rodríguez, a quen trasladou as dúas “grandes liñas vermellas” do goberno municipal con respecto ao porto olívico: o seu rexeitamento á construción dunha liña ferroviaria desde Bouzas e a negativa a que se realicen “máis recheos” na baía viguesa.

Segundo explicou o rexedor nunhas declaracións remitidas aos medios, aproveitou o encontro para manifestar a Álvaro Rodríguez a disposición do Concello na elaboración do Plan Especial do Porto, para deseñar a terminal viguesa para as próximas décadas.

Así mesmo, incidiu na importancia de que se avance na saída sur ferroviaria desde a estación de Urzáiz e na conexión de Vigo coa cidade portuguesa do Porto.

No entanto, tamén expuxo cales son as súas “liñas vermellas”. Así, incidiu en que “non se pode meter o ferrocarril polo medio da cidade” e permitir que esta “rompa”; e insistiu na súa oposición a novos recheos na ría de Vigo, “tan delicada e que necesita tanto coidado”, e apostou por unha “reorganización de espazos”.

Por outra banda, con respecto á xestión propiamente portuaria, sinalou que, aínda que debe manterse a cooperación entre Concello e Porto para xestionar os espazos de uso cidadán, el non se inmiscirá na actividade portuaria. “Os alcaldes non estamos para regular o porto”, apuntou.

ÚLTIMAS

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...