InicioVigo e contornaVigoOs transportistas volven ás portas de Vigo nunha nova xornada de protestas

Os transportistas volven ás portas de Vigo nunha nova xornada de protestas

Evitaron colapsar a cidade, chegando coa marcha lenta dende Tui até a estación de autobuses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continúa a folga de transportistas e cada vez asenta máis o seu foco en Galicia nunha xornada con distintas mobilizacións. Unhas 1.000 persoas participaron nunha marcha a pé entre o polígono das Gándaras e o centro de Lugo no día once de paro no transporte, que volveu a deixar retencións nos accesos a Santiago e as inmediacións da cidade de Vigo polas protestas de transportistas, agricultores, gandeiros e outros colectivos que se sumaron ás mobilizacións.

En Vigo, este xoves de novo chegou unha ‘caravana’ lenta procedente de Tui, cun centenar de camións que percorreron a A-55 e entraron na cidade ao mediodía pola Avenida de Madrid.Do mesmo xeito que na última protesta, a do pasado luns, os vehículos chegaron á altura da estación de autobuses e deron a volta para retornar á autovía. Fontes da subdelegación do Goberno do Goberno en Pontevedra confirmaron que non se rexistraron incidentes durante a protesta.

Escoltados por tres furgóns da Unidade de Intervención Policial (UIP) e axentes da Policía Local, os manifestantes percorreron a distancia que separa o polígono industrial da sede da Subdelegación do Goberno na provincia de Lugo. Ao berro de “Ministra dimisión” e con varias pancartas contra a responsable de Transportes, Raquel Sánchez, e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez; a marcha transcorreu por Santo Domingo, a Rúa da Raiña e a Praza Maior ata chegar a Armaya.

En declaracións aos medios, o presidente da Asociación Empresarial de Transporte Río Miño (AETRAM) –unha das asociacións convocantes–, Diego Arias, enxalzou o poder de convocatoria da protesta, que se produce dous días despois da marcha de vehículos que colapsou o centro da capital luguesa. “A ver se a ministra se dá conta dunha vez que non somos unha minoría”, aseverou o transportista, que lamentou que o Goberno siga sen recoñecer como interlocutor á Plataforma de Transporte e se limite a negociar co Comité Nacional do Transporte, co que sentan este xoves. “Somos o 85 por cento do transporte e realmente somos os que estamos na estrada todos os días. A ministra ten que negociar connosco, que somos quen realmente fai o transporte neste país”.

SANTIAGO

En Santiago houbo retencións á primeira hora da mañá no polígono do Tambre e o cruceiro da Coruña provocadas por vehículos agrícolas que retardaron o tráfico no acceso norte da cidade. Pasadas as 10,00 horas, os tractores despexaron estas vías para dirixirse ao polígono da Sionlla, onde volveron a concentrarse camións, tráileres e outro tipo de vehículos coa previsión de saír outra vez en lenta marcha cara á cidade.

Do parque industrial, pasadas as 12,00 horas, regresaron ás estradas cun percorrido similar ao do pasado mércores. A lenta caravana entrou no polígono do Tambre para seguir en dirección ao Cruceiro da Coruña. A ruta, segundo fontes da Policía Local consultadas por Europa Press, está previsto que continúe por San Caetano, Rodríguez de Viguri, Avenida de Lugo e Rúa do Hórreo. Nesta ocasión, os manifestantes poderían dirixirse a Romero Donallo, avenida lindeira ao Ensanche e unha das máis transitadas da cidade.

Trátase do segundo día consecutivo e o terceiro desta semana no que os vehículos profesionais taponan a circulación nas rúas da capital galega. O xoves, tras protagonizar unha caravana nas horas centrais do día, camións e tractores colapsaron algúns dos nós de comunicación con máis tráfico da cidade a última hora da tarde, coincidindo co fin da xornada laboral.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...

Tres anos de prisión para un home sorprendido con 10 gramos de cocaína nun bar de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...