InicioSociedadeO alcalde de Vigo non ve xustificación para que a empresa de...

O alcalde de Vigo non ve xustificación para que a empresa de bus urbano rebaixe os salarios

Abel Caballero proclamou que os empregados de Vitrasa "están a facer un traballo excepcional" e "son grandes profesionais", polo que está "absolutamente en contra de calquera redución de ningún tipo" nas nóminas do persoal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este mércores a súa “oposición total” a calquera redución de salarios no persoal de Vitrasa, a empresa concesionaria do bus urbano na cidade, e apuntou que non hai xustificación para tomar esa medida, que a empresa anunciou para garantir a súa “supervivencia” e o “emprego” ante a crise xerada pola redución de viaxeiros.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico asegurou que segue “moi atentamente” o que sucede na empresa concesionaria, á que o goberno municipal ampliou a concesión en plena pandemia (a pesar de anunciar un novo concurso), e afirmouno horas despois de que Vitrasa anunciase que activaba o ‘descolgue salarial’ e a inaplicación do convenio colectivo.

Así, a concesionaria xustificou a decisión pola súa situación de desequilibrio económico derivado da caída do número de viaxeiros desde o inicio da pandemia de Covid. Entre as medidas que propón, ademais de incrementar a xornada laboral anual, expuxo unha redución do 30 % dos salarios do persoal para este ano (ao que habería que sumar o 6,5 % do IPC non aplicado) e de polo menos o 14 % para o ano próximo.

Abel Caballero proclamou que os empregados de Vitrasa “están a facer un traballo excepcional” e “son grandes profesionais”, polo que está “absolutamente en contra de calquera redución de ningún tipo” nas nóminas do persoal.

“Merecen o seu salario polo traballo que fan, non hai ningunha circunstancia específica que xustifique en absoluto a formulación (da empresa) de reducir salarios”, aseverou Caballero, quen advertiu de que o servizo de bus urbano “ten que seguir funcionando” de acordo co contrato e as condicións da concesión.

Ademais da prórroga da concesión por 5 anos, que o goberno local xustificou pola pandemia, a empresa recibiu case 6 millóns de euros do fondo do Mitma para compensar as perdas do servizo durante o estado de alarma. Con todo, Vitrasa sostén que incorreu en desequilibrio económico e reclama ao Concello máis de 15 millóns de euros polas perdas.

O comité de empresa tamén expresou o seu rexeitamento ás medidas expostas por Vitrasa, á que acusa de pretender “atracar” aos seus traballadores e aos cidadáns de Vigo. Ademais, instárona a abandonar a concesión se non pode prestar o servizo ou se o contrato suponlle un quebranto económico.

ÚLTIMAS

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...