InicioSucesosInterceptadas catro persoas conducindo baixo os efectos das drogas en Vigo

Interceptadas catro persoas conducindo baixo os efectos das drogas en Vigo

Foron pillados en diferentes momentos durante a última semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo interceptou nos últimos días catro condutores que conducían por diferentes rúas da cidade baixos os efectos do consumo de drogas como cannabis, cocaína ou thc. Así, na tarde do pasado venres, día 18 de marzo, un home, P.F.M. de Caldas de Reis e de 27 anos de idade, foi ‘cazado’ na rúa Martínez Garrido durante un control de tráfico no ámbito da seguridade viaria.

O mozo presentaba síntomas compatibles co consumo dalgún tipo de sustancia estupefaciente, polo que foi sometido a un test de drogas, arroxando un resultado positivo en cannabis. A maiores, realizóuselle un cacheo corporal e revisión de pertenzas, onde atoparon tres bolsas de marihuana e dous envoltorios de hachis, que foron intervidos. Por todo iso, propúxose para unha sanción de estupefacientes e por conducir con drogas no organismo.

Horas máis tarde, na madrugada do sábado 19 de marzo, interceptouse na Avenida do Aeroporto a un condutor de Ourense, P.P.L. de 38 anos, que tamén deu positivo en thc e cocaína. Ás 15,45 horas do mesmo día, na rúa Llorente da cidade foi sometido a un test de drogas o condutor dunha motocicleta, P.P.H. de Vigo e 36 anos, arroxando un resultado positivo en cocaína. Este luns, sobre as 20,00 horas, en Torrecedeira un cuarto condutor, L.M.C. de Vigo e 44 anos de idade, deu positivo en cocaína.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...