InicioSociedadeÉ posible reducir a dependencia do sector conserveiro á industria do gas...

É posible reducir a dependencia do sector conserveiro á industria do gas e o petróleo?

O centro tecnolóxico de Anfaco-Cecopesca e a Universidade de Vigo puxeron en marcha o proxecto DEAS.CO2, co que están a avaliar o uso de tecnoloxías emerxentes e disruptivas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O centro tecnolóxico de Anfaco-Cecopesca e a Universidade de Vigo traballan nun proxecto de investigación que pretende reducir a dependencia do sector conserveiro con respecto á enerxía procedente de combustibles fósiles, e que supón a metade do gasto enerxético desta industria.

Así, a industria de procesado e conservación de peixes e mariscos é das máis intensivas en canto a consumo enerxético, pola gran cantidade de procesos térmicos que se levan a cabo nas plantas de manufacturado. Case a metade desa enerxía procede de combustibles fósiles (gas, gasóleo ou fuel oil) e o gasto enerxético anual é duns 80 millóns de euros.

Para reducir esa dependencia, Anfaco-Cecopesca e o grupo de investigación Applied Power Electronics Technology da Universidade de Vigo puxeron en marcha o proxecto DEAS.CO2, que conta con financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado con cargo aos fondos Next Generation da UE.

Os investigadores están a avaliar o uso de tecnoloxías emerxentes e disruptivas, como a indución, os ultrasóns ou o quecemento óhmico, para reducir os consumos enerxéticos e avanzar na electrificación de procesos a partir de fontes de enerxía renovable.

Así, mediante a indución, os procesos de quecemento poden facerse a través de electromagnetismo, o que logra unha maior eficiencia e máis seguridade, e non necesita ciclo de quecemento-arrefriado; mentres, os ultrasóns permiten xerar enerxía calórica favorecendo a retención de humidade e optimizando os procesos; finalmente, o quecemento óhimico, unha tecnoloxía en expansión na industria alimentaria, permite o quecemento a través dun proceso interno de xeración de calor, de maneira que a enerxía quenta os alimentos por dentro e por fóra, de maneira homoxénea.

Anfaco subliñou que os resultados deste proxecto serán “exportables” a outras empresas de alimentación que empregan os mesmos equipos que as conserveiras, por exemplo, na industria láctea. Pero tamén pode ter aplicacións no sector aeronático, que é intensivo en procesos térmicos de autocravado para fibras de carbono e ‘composites’.

ÚLTIMAS

O Marisquiño cambia o percorrido do seu descenso urbano, que acabará no Centro Comercial A Laxe

O festival da cultura urbana O Marisquiño anunciou este xoves un cambio de percorrido...

Cortado un carril da A-55 tras o incendio nun camión portavehículos en Tui

Axentes da Garda Civil de Tráfico procederon a cortar o carril dereito da A-55 en...

O Tribunal Supremo non admite o recurso do Concello de Vigo polo cobro de 1,1 millóns por parte da Xunta

O Tribunal Supremo ditou un auto no que inadmite o recurso de casación presentado...

Detidas en Vigo cinco persoas nun operativo antidroga incautándolles estupefacientes e medicamentos falsificados

Axentes da UDYCO da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela desarticularon unha organización dedicada...