InicioCulturaGala de Turismo da Deputación de Pontevedra: "Vivimos nun lugar privilexiado"

Gala de Turismo da Deputación de Pontevedra: “Vivimos nun lugar privilexiado”

Abel Caballero presumiu de que Vigo ten "o proxecto de turismo emerxente máis importante de Europa".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Deputación de Pontevedra “rompe expectativas” coa súa gran Gala Provincial de Turismo que puxo en valor a “forza”, a “maxia” e a “capacidade” das Rías Baixas: “Vivimos nun lugar privilexiado”, reivindicou a presidenta, Carmela Silva.

“Demostramos nosa gran fortaleza para enfrontarnos a retos que nin imaxinabamos”, subliñou Silva visiblemente emocionada no seu discurso no esperado evento, onde enxalzou as Rías Baixas como destino turístico.

Na gala, levada a cabo no Auditorio Mar de Vigo e conducida pola actriz Xasmín Abuín, a presidenta da Deputación estivo acompañada polo alcalde da cidade, Abel Caballero, así como por outros alcaldes e alcaldesas e representantes do sector turístico, da cultura e da sociedade de toda a provincia. En total, unhas 350 persoas puideron ver as cualidades de Pontevedra Provincia como destino turístico.

Temos un lugar privilexiado, con moitas potencialidades para responder ás novas demandas turísticas, á vangarda da dixitalización e cohesionado, recoñecido, ben coidado e promocionado, con atención de calidade, interconectado, moderno e competitivo”, presumiu Carmela Silva nun escenario cunha pantalla curva de 17 metros de longo na que se visualizaron os atractivos turísticos da provincia.

Por todos eses motivos asegurou que “estamos en boa posición para ser un referente turístico a nivel galego, estatal e internacional”. “Temos forza para seguir crecendo e capacidade para facelo”, engadiu.

“Seremos capaces de superar as dificultades para seguir sendo un sector forte e con garra, traballando xuntos para tomar medidas que permitan superar as incertezas, os temores, a inflación ou os gastos enerxéticos que dificultan o progreso económico”, subliñou Silva, quen non se esqueceu do contexto no que se atopa o mundo coa invasión de Ucraína.

A campaña turística da Deputación de Pontevedra leva por título ‘Love Rías Baixas’, cun corazón que representa, segundo a presidenta, os valores de “pobo aberto, acolledor e solidario”.

Pola súa banda, Abel Caballero presumiu dos recursos turísticos da cidade de Vigo, como as Illas Cíes, o Nadal ou a festa da Reconquista, que se celebra nuns días. O rexedor remarcou que a urbe se está constituíndo como “o proxecto de turismo emerxente máis importante de Europa”.

ÚLTIMAS

Caballero, feliz de que a A-52 entre Vigo e O Porriño está “absoluta e irreversiblemente en marcha”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores que, coa publicación no BOE...

OPINIÓN.- As competencias dos concellos

Ultimamente vemos como entre as distintas administracións vanse pasando a pelota das competencias e...

Vigo pide á Xunta “toda a información” sobre o túnel de Beiramar antes de convocar a Comisión

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este martes á Xunta de Galicia "toda...