InicioSociedadeO acusado de agredir sexualmente a unha familiar menor en Vigo enfróntase...

O acusado de agredir sexualmente a unha familiar menor en Vigo enfróntase a 14 anos de cárcere

A agresión incluía a introdución de membros corporais e acceso carnal por vía bucal e anal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía de Vigo solicita 14 anos de prisión para un home acusado dun delito continuado de agresión sexual con penetración sobre un menor de 16 anos, á que unía unha relación de superioridade e parentesco. O caso, que se xulgará na Sección quinta, con sede en Vigo, da Audiencia Provincial de Pontevedra este luns e martes, procede do Xulgado de Instrución nº3 de Vigo. Segundo relata o Ministerio Fiscal, os feitos tiveron lugar “en múltiples ocasións” entre 2002 e 2010. A agresión incluía a introdución de membros corporais e acceso carnal por vía bucal e anal.

Por iso, piden 14 anos de cárcere, a inhabilitación do acusado para calquera profesión que leve contacto regular e directo con menores de idade por un tempo superior en cinco anos ao da duración da pena de prisión que resulte imposta, a prohibición de aproximarse á vítima a menos de 500 metros e á súa nai, así como de comunicarse con el por calquera medio por tempo superior en 10 anos ao da duración da pena de prisión que resulte imposta; e medida de liberdade vixiada durante 10 anos. Como responsable civil, o acusado indemnizará á vítima con 5.000 euros polas secuelas que presenta e a cantidade que se determine en execución de sentenza que corresponda ao custo da terapia psicolóxica que comezou en novembro de 2020.

AGRESIÓN SEXUAL A MENOR NO PORRIÑO

A Fiscalía de Pontevedra pide seis anos de cárcere para un home acusado dun delito continuado de agresión sexual a unha menor de 16 anos. O caso, que se xulgará na Sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra este martes ás 10.00 horas, procede do Xulgado de Instrución nº2 do Porriño. Segundo relata o Ministerio Fiscal, os feitos tiveron lugar entre xaneiro e setembro de 2022, no domicilio dun familiar da vítima no partido xudicial do Porriño. Apuntan que a menor ten unha minusvalía declarada pola Xunta.

Por todo iso, piden que se lle impoña ao acusado a prohibición de aproximarse á vítima, a unha distancia non inferior a 500 metros, así como de comunicarse con ela por calquera medio durante sete anos e a súa inhabilitación para calquera profesión ou oficio que leve contacto regular e directo con menores de idade durante 10 anos. O acusado deberá indemnizar ademais á vítima con 6.000 euros por danos morais a través do seu representante legal.

ÚLTIMAS

Inhabilitado un exconcelleiro tras recoñecer que prevaricou na contratación dunhas obras en Baiona

O exconcelleiro socialista de Baiona, Óscar Martínez Álvarez, aceptou a pena de 9 anos...

A Policía Local de Vigo corta a rúa Santa Tegra en Teis polo risco de derrube dunha fachada

A Policía Local de Vigo cortou á circulación un tramo da rúa Santa Tegra,...

Piden cárcere para un vigués acusado de alzamento ao renunciar á súa herdanza

A sección do Penal do Tribunal de Instancia, praza 1 de Vigo, acollerá este...

Vigo desembarca en Fitur co lema ‘Un Nadal de 365 días’ e a aposta por converterse nun gran plató de cinema

A cidade de Vigo presentará a súa oferta turística en Fitur este xoves, baixo...