InicioCulturaVigo acolle unha exposición fotográfica coa que rememorar os días máis duros...

Vigo acolle unha exposición fotográfica coa que rememorar os días máis duros da pandemia

Poderá verse na rúa Príncipe ata o 17 de abril.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A exposición fotográfica ‘Galicia en vilo’, organizada por Afundación, que reúne traballos de sete fotoperiodistas durante o confinamento e os primeiros meses da pandemia de Covid, chega a Vigo este xoves e poderá verse, na rúa Príncipe, ata o 17 de abril.

Tras o seu paso pola Coruña, Ferrol e Santiago, a exposición chega á cidade olívica para trasladar as “miradas” destes profesionais a través das súas cámaras, nuns momentos en que tiveron un papel fundamental para mostrar “o que estaba a pasar”, mentres a inmensa maioría da poboación non podía saír das súas casas.

Á inauguración da mostra asistiron a ministra de Sanidade, Carolina Darias; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o director xerente de Afundación, Pedro Otero; ou o fotoxornalista Miguel Riopa, coordinador da exposición, entre outros. Pedro Otero destacou que o fotoxornalismo “asumiu a tarefa de mirar e contar” esta pandemia, e así o mostran as máis de 20 imaxes seleccionadas, fotografías de UCI de hospital, de ambulancias ou de escenas da vida cotiá.

Miguel Riopa, pola súa banda, incidiu en que a información tamén “se constrúe con imaxes”, ademais de con a memoria, e subliñou que estas fotografías permiten ver o que a maioría non puido ver durante dous meses: silencio nas rúas, o ritmo frenético do persoal sanitario nos hospitais, ou o que pasaba no interior das casas.

Unha das fotografías, de Riopa, que mostra a unha profesional sanitaria atendendo cariñosamente a un paciente nun hospital vigués, foi incluída por France Press entre a selección de mellores fotografías de 2020.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...