InicioCulturaRegresa o Vigo Seafest tras dous anos de pandemia

Regresa o Vigo Seafest tras dous anos de pandemia

A cociña de autor, baseada en produtos do mar e representada por un elenco de 14 chefs galegos, será o epicentro do evento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) anunciou que celebrará o seu festival do peixe Vigo Seafest 2022 entre os días 7 e 10 de xullo na contorna dos Xardíns de Elduayen e o Paseo das Avenidas. Nun comunicado, ARVI puxo en valor dito evento, que constitúe “unha cita de referencia” para a gastronomía do mar e reafirma Vigo “como capital europea da pesca”.

A cociña de autor, baseada en produtos do mar e representada por un elenco de 14 chefs galegos, será o epicentro dun evento de lecer familiar, que contará cunha “ampla” programación de showcookings, concertos diúrnos, talleres infantís, actividades deportivas, espectáculos e animación, ademais dunha gran exposición, onde se dará cita a industria pesqueira.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...