InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero presume do "fenómeno Vigo", que se estuda en universidades "de...

Abel Caballero presume do “fenómeno Vigo”, que se estuda en universidades “de toda España”

Este mércores o alcalde de Vigo desvelou que se entrevistará con estudantes da Universidade Carlos III de Madrid. "Cada vez que dalgunha universidade chámanme aténdoos, queren entrevistar o alcalde de Vigo, como é natural", apuntou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presumiu este mércores de que “o fenómeno” da cidade estúdase en universidades “de toda España” e que recibe numerosas peticións de estudantes e investigadores para entrevistalo porque queren coñecer a súa actividade e o seu modelo de cidade.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que atende con frecuencia solicitudes de estudantes universitarios para traballos de fin de grao ou de fin de máster, así como de alumnos de institutos e colexios. Este mércores, por exemplo, desvelou que se entrevistará con estudantes da Universidade Carlos III de Madrid. “Cada vez que me chaman dalgunha universidade aténdoos, queren entrevistar o alcalde de Vigo, como é natural”, apuntou.

Respecto diso, sinalou que atende todas esas solicitudes porque lle gusta “apoiar a investigación” e porque desexa “que se coñeza o que sucede en Vigo, que é un modelo de acción municipal e política”.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

A CIG chama a mobilizarse o 10 de marzo contra a precariedade no Día da Clase Obreira Galega

A CIG presentou este xoves en Vigo os actos previstos para o Día da...

Caballero acusa ao conselleiro de Sanidade de que os exames MIR se fagan en Santiago “porque é de alí”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu ao Ministerio de Sanidade e á Consellería...

A Universidade de Vigo lidera en Galicia o deseño de solucións naturais para adaptarse ao cambio climático nun proxecto europeo

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, e a Universidade...