InicioPolíticaCaballero afea a "indignidade" do BNG por "non condenar" a invasión de...

Caballero afea a “indignidade” do BNG por “non condenar” a invasión de Ucraína

Afirma que esta posición "lembra" o apoio dado polos nacionalistas ao "bolcheviquismo da URSS".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrouse este martes “absolutamente indignado” pola “negativa” do BNG a condenar a invasión de Ucraína por parte de Rusia, e afirmou que esta posición “lembra” ao apoio dado polos nacionalistas ao “bolcheviquismo da URSS”.

O rexedor censurou que o BNG “se nega” a condenar esa “invasión asasina de Putin”, a pesar de que tanto o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, como a portavoz nacional, Ana Pontón, expresaron en varias ocasións a súa repulsa por esta invasión (criticando tamén a escalada belicista e o envío de armas a Ucraína por parte de España e outros países).

Segundo o alcalde de Vigo, o BNG negouse a asinar os acordos colectivos que apoian as “forzas democráticas” para condenar esa invasión. “Esta posición lémbrame o tempo de apoio do BNG ao bolcheviquismo da URSS”, sinalou, e denunciou que os nacionalistas “equipasen” o apoio dos países democráticos a Ucraína con “a agresión asasina de Putin”.

“Isto é o BNG de Galicia e do BNG de Vigo, non queren condenar a invasión asasina de Putin, que indignidade política!“, proclamou o rexedor, que esixiu aos nacionalistas que “rectifiquen” e “que pidan perdón ao pobo de Ucraína”.

ÚLTIMAS

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...

A Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso: o Goberno acepta os terreos cedidos polo Concello

A futura Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso administrativo cara á...

Un SMS que parecía do banco: así estafaron máis de 1,14 millóns de euros a 130 persoas nunha trama cunha detida en Vigo

Unha mensaxe no teléfono móbil, unha suposta transferencia bancaria fraudulenta e unha chamada urxente...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...